Halo: Reach estrea versión para PC
martes, 3 de decembro do 2019
No mes
de marzo Microsoft anunciou
que a recompilación de xogos Halo: The Master Chief Collection chegarÃa
a ordenadores persoais, non só a través de Microsoft Store, senón tamén a
través de Steam, levando asà a grande saga do Xefe Mestre a un público máis
amplo, á vez que supón a actualización dalgúns destes xogos a plataformas con
maior potencia e métodos de control, ou sexa, que agora todos os xogos poderán
funcionar en 4K a 60 imaxes por segundo e manexarse con teclado e rato, para
goce de moitos gamers de PC con equipos de elevadas prestacións.
AÃnda que a The Master Chief Collection limitábase ás primeiras 4
grandes entregas de Halo o salto a ordenadores persoais aproveitouse
tamén para ampliar a colección e incluÃr Halo: Reach, xogo que por
fin pode gozarse en PC (asà como mercarse por
separado), e polo que habÃa moita xente agardando se consideramos que
durante a xornada de hoxe
foi o terceiro xogo con máis usuarios en Steam (chegando a superar os 150
mil xogadores simultáneos), e tamén entre as primeiras posicións en volume de
espectadores en
Twitch (con máis de 110 mil espectadores).
Halo: Reach para PC é a versión máis completa do xogo até o momento,
mellorando en gráficos e control, e supón a estrea da Halo: The Master Chief
Collection (que recibirá o resto de xogos de Halo ao longo de 2020),
aÃnda que tamén é salientable o feito de que a saga xa non se limita a quen a
merque, xa que ao estar dispoñible a través de Xbox Game Pass ábrese a un importante
número de subscritores que probablemente repasen cada unha das entregas da saga
en función do seu calendario de lanzamento das súas versións para PC, levando a
estes clásicos de Xbox e estar de plena actualidade entre os seareiros dos shooters
en primeira persoa para PC.