Hello Kitty terá este ano un xogo en liña
xoves, 14 de febreiro do 2008
Sanrio Digital anunciou que comezou as probas do
xogo de rol masivo multixogador Hello Kitty Online, que levará o mundo de fantasÃa da empresa ó
ordenador, dando vida a un contorno máxico que acollerá a milleiros de
xogadores para vivir, explorar e conquistar tanto lugares inspirados na
realidade (ParÃs, Moscova, TokÃo...) coma totalmente imaxinarios (coma Flower
Kingdom).
O xogo MMORPG comeza agora a
súa beta privada, para lanzarse a súa versión definitiva na segunda metade
do ano. O tÃtulo está orientado a nenas e mozas, e integrarase no portal SanrioTown.com,
que achega blogs, e-mail, vÃdeos, produtos de Hello Kitty e outras funcións que contribúen a crear unha
experiencia dixital e social en calquera momento.
Hello Kitty Online será de balde na súa
descarga e xogo, pero poderán adquirirse actualizacións para os personaxes do
mesmo, nun modelo de negocio que pode lembrar a Second Life.
Pero aparte do mundo persistente, o produto será un xogo, incluÃndo sistemas de
enfrontamentos (que non serán o obxectivo principal do xogo), puzzles,
mini-xogos, arcos argumentais e aventuras que farán que as usuarias gocen da
experiencia de xogo.