Heretic e Hexen volven nunha reedición mellorada
venres, 8 de agosto do 2025
Heretic + Hexen volve nunha edición definitiva que restaura, mellora e combina estes dous clásicos de fantasÃa escura en primeira persoa para plataformas actuais. Desenvolvidos orixinalmente por Raven Software e producidos por id Software en 1994 e 1995, Heretic e a súa secuela Hexen marcaron un fito ao mesturar a acción frenética dos shooters con elementos de rol, contribuÃndo a que o xénero superase os seus orixes militares e de ciencia ficción.
A nova versión está dispoñible para Xbox One, Xbox Series X|S, PlayStation 4, PlayStation 5, Nintendo Switch e PC, incluÃndo Game Pass (requÃrese subscrición). Engade dúas campañas inéditas (Heretic: Faith Renewed e Hexen: Vestiges of Grandeur), multixogador multiplataforma tanto cooperativo como en partida a morte para ata 16 participantes, soporte para mods da comunidade, pantalla partida en todas as plataformas (para catro xogadores, ampliada a oito en Xbox Series X|S e PC) e compatibilidade total entre sistemas mediante códigos de sala.
Tamén incorpora a Raven Vault, un arquivo dixital con material de desenvolvemento dos xogos orixinais, e a posibilidade de alternar entre as bandas sonoras MIDI ou FM compostas por Kevin Schilder e a versión modernizada Tome of Power de Andrew Hulshult. Ademais, inclúe traducións a doce novos idiomas, entre eles español de España e de Hispanoamérica, portugués do Brasil, francés, alemán, italiano, polaco, ruso, xaponés, coreano e chinés (tradicional e simplificado), asà como novas opcións de accesibilidade.
Quen xa posúa en Steam, Microsoft Store/Xbox para Windows ou GOG as versións orixinais de Heretic: Shadow of the Serpent Riders, Hexen: Beyond Heretic ou Hexen: Deathkings of the Dark Citadel recibirá de balde a actualización a Heretic + Hexen e manterá o acceso ás edicións clásicas.
O xogo ofrece resolucións e taxas de fotogramas optimizadas para cada plataforma (ata 4K e 120 FPS en PlayStation 5 e Xbox Series X|S), compatibilidade con teclado e rato mesmo en consola, e soporte para unha ampla gama de mandos. Nos modos para un xogador e multixogador local non é necesaria conexión a Internet, mentres que o multixogador en liña e o acceso ao explorador de mods requiren conta de Bethesda.net.
Tráiler de Heretic + Hexen
