Hilario Pino estrea un programa de entrevistas na web
luns, 6 de outubro do 2008
O xornalista
Hilario Pino, sen abandonar o seu traballo coma presentador do informativo do
serán de Telecinco, volve a facer entrevistas como na súa etapa á fronte de Cara a Cara en CNN+, pero desta volta aposta
por un medio en liña, NegóPolis, nun espazo titulado Con
Otra Cara, no que se recollerán conversas con grandes personaxes
do noso tempo nun ton distendido e social, que se
estreou co propio Pino, tralo que se viaxou
ata El Bulli para falar con Ferrán
Adriá.
Esta fichaxe de NeóPolis pretende xuntar «a
alma da televisión co corazón da Internet» segundo os seus responsables,
mentres que Hilario
Pino asegura que o formato de entrevistas levado á Internet ten vantaxes,
xa que «ten que ser máis espontáneo, ten
que ser máis natural. Dalgún xeito ten que ser máis verdadeiro o da Internet».
As pezas de vÃdeo que compoñen Con Otra Cara se poderán ver directamente dende a web, asà como descargar en formato Flash, Windows Media VÃdeo e Quicktime ou adaptadas para o iPod, a PSP ou o móbil.
