Hori venderá unha alternativa grande aos Joy-Con de Switch

luns, 16 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O concepto de consola portátil que adoptou a Nintendo Switch non deixa de ser unha tableta á que se lle engaden controladores a ambos lados, pero os Joy-Con son mandos cun deseño moi compacto, que para moitos usuarios resultan extremadamente incómodos, de aí que non sorprenda que a partires do vindeiro 11 de outubro vaiamos poder mercar o mando Split Pad Pro de Hori, que busca adoptar a disposición dos Joy-Con pero coa comodidade do mando Pro grazas ao seu grande tamaño.
Este novo mando, que venderase a 49,99 euros e ten un deseño inspirado en Daemon X Machina, polo que enténdese que é ideal para gozar de xogos de acción para títulos que funcionen en modo portátil (pois carece dos sensores de movemento e da vibración HD). Aparte de botóns e pancas de movemento dun cómodo tamaño, tamén inclúe botóns traseiros programables e función turbo con 3 axustes. Cómpre advertir de que estamos ante un mando con licenza oficial de Nintendo.

PUBLICIDADE