Humyo ofrece de balde 30 Gb de almacenamento na web
xoves, 26 de xuño do 2008
Os usuarios que precisen dun
almacenamento de alta capacidade na Internet poden optar agora por Humyo, un servizo que ofrece 25
Gb para gardar ficheiros multimedia e 5 Gb para ficheiros doutro tipo,
accesibles tanto por web como polo móbil. AsÃ, podemos compartir documentos con
outros usuarios, escoitar
música, ver vÃdeos e editar documentos dende calquera ordenador,
publicar ficheiros na web e incrustar ficheiros multimedia en blogs.
Amais, os usuarios que precisen de máis prestacións poderán acceder a un
servizo premium que inclúe 100 Gb de
almacenamento, sincronización automática co PC, seguridade a través de
encriptación SSL e ausencia de publicidade a 3,12 euros/mes (por tempo limitado).