Ibai e Xokas percorren o Camiño de Santiago

venres, 29 de novembro do 2024 Marcus Fernández

Moitas son as iniciativas audiovisuais que promoven o Camiño de Santiago, pero unha das que posiblemente vai dar máis que falar nos vindeiros días é a que vén de comezar o creador de contidos Ibai Llanos, quen acompañado polo lugués Joaquín Domínguez El Xokas¸ percorrerá 165 quilómetros do Camiño en 8 etapas con paradas en O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, a Castañeda, Santa Irene e Santiago de Compostela.
Este reto de Ibai Llanos está enmarcado no seu proxecto de transformación física a través dun importante cambio de hábitos para mellorar a súa saúde e benestar, e concretarase nunha serie de vídeos diarios que poden seguirse en YouTube a partir das 21:00.
Estamos ante un proxecto audiovisual que indubidablemente terá un grande impacto na proxección do Camiño Francés entre o público de fala hispana, xerando xa millóns de reprodución que poderían traducirse en futuros peregrinos.

Primeira entrega do Camiño de Santiago percorrido por Ibai e El Xokas