Id Software comeza a produción de Doom 4

mércores, 7 de maio do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 64.8 KB
Imaxe do xogo Dooom 3

A finais de 1993 o xogo Doom supuxo toda unha revolución no xénero de acción en primeira persoa e iniciou unha saga que parecía rematar en 2004 con Doom 3 e mesmo inspirou unha película en 2005, pero parece que se resiste a abandonar as pantallas dos nosos ordenadores e consolas de videoxogos, pois Todd Hollenshead de Id Software vén de confirmar que van a desenvolver Doom 4, para o que están a iniciar un proceso de contratación de persoal para este ambicioso proxecto.
Os responsables de Id Software deberán afrontar un difícil reto, xa que a franquicia de Doom é unha das máis importantes da historia dos videoxogos, e as expectativas dos xogadores de cara a unha nova entrega serán moi elevadas.
A data de lanzamento do novo título tamén é toda unha incógnita, pois o único que se sabe ata o momento é que comezou a produción do xogo, polo que poderiamos tardar anos en volver a meternos na pel do marine espacial que se enfronta a todo tipo de monstros saídos do Inferno.

PUBLICIDADE