Igualdade insiste en Pontevedra na importancia de mellorar a presenza feminina no ámbito tecnolóxico
luns, 24 de setembro do 2018
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López
Abella participou na inauguración do Encontro anual de Mentoring e
Emprendemento en Galicia, PontUP 2018, na cidade de Pontevedra, onde indicou
que o Goberno galego considera prioritario aumentar a presenza da muller nos
ámbitos cientÃficos e tecnolóxicos de Galicia, pois a maior presenza de
mulleres na investigación contribuirÃa a enriquecer a actividade cientÃfica coa
contribución de novos temas e perspectivas.
Susana López Abella indicou que é necesario
promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no que se refire á
formación cientÃfica, no campo da investigación e innovación e na xestión da
I+D+i, asà como situar nos estudos e actividades cientÃficas a perspectiva de
xénero nun primeiro plano, xa que a igualdade de oportunidades ten que ser o
punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada un se
constrúe co seu esforzo, co seu traballo e coa súa talento.
Na inauguración do Encontro lembrou que o
Goberno galego conta co II Programa
galego de muller e ciencia 2016-2020, co obxectivo de seguir avanzando na
igualdade real no campo cientÃfico; e o VII
Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020
que está presente na actividade de toda a Administración autonómica e que
recolle entre os seus obxectivos consolidar o enfoque de xénero e das mulleres
na actividade académica, cientÃfica, tecnolóxica e da innovación.
A Xunta creou o Premio MarÃa Josefa
Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias
notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxÃa, un compromiso asumido por
parte do Goberno galego dende a SecretarÃa Xeral da Igualdade.
A igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as
persoas, o resultado é aquel que cada unha se constrúe co seu esforzo, co seu
traballo e co seu talento. E só se favorecemos con igual énfase a esixencia, o
esforzo e a excelencia, nun marco de Igualdade de oportunidades, teremos
individualmente, e a sociedade no seu conxunto, máis opcións de futuro, rematou
a secretaria xeral.