Importante presenza galega nos premios internacionais Best Of Blogs (BOBs)

martes, 24 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O premios internacionais de blogs organizados pola Deutsche Welle, os BOBs, entran na súa última fase, de xeito que xa hai 150 candidatos tras superar as 5.500 propostas, e agora os usuarios poden votar ata o 11 de novembro para elixir ó seu blog favorito (na categoría do público).
Cabe subliñar que entre o xurado están Ignacio Escolar e José Luis Orihuela (moi populares na blogosfera española) e destacan entre os nomeados Mangas Verdes na categoría de mellor blog, DuttoPR a mellor blog corporativo, Comunicando a mellor podcast e o Manifestómetro para o premio Blogwurst.
Aparte dos indicados, na categoría de mellor blog español están eBlog, Enrique Dans, Error500, Por si las moscas, Ojo Buscador, La Huella Digital, Periodismo Incendiario, Pjorge e repiten o Manifestómetro e Mangas Verdes.
Temos así que entre os BOBs se colan un total de 12 blogs españois, dos que varios son galegos, xa que Pjorge.com está realizado dende Compostela por Pedro Jorge Romero, e La Huella Digital é unha obra de Nacho de la Fuente dende A Coruña. Tamén poderiamos indicar que Enrique Dans é un galego afincado en Madrid, o que incrementaría a presenza galega nos premios BOBs deste ano.