Incorporan un editor de vÃdeo en liña a YouTube
luns, 18 de xuño do 2007
YouTube,
tras engadir a posibilidade de cargar vÃdeo ó seu sistema directamente dende
unha webcam estaba claro que tiña
unha deficiencia: a edición do material cargado. AsÃ, agora presenta unha
ferramenta en liña que permite
ós usuarios a montaxe dos seus clips de vÃdeo, cortándoos, engadÃndolles gráficos
e música e mesmo incorporando efectos de transición, nunha sinxela interface
que pode lembrar a aplicacións informáticas coma o Windows Movie Maker.
Deste xeito YouTube Remixer é
unha solución moi axeitada para usuarios ocasionais, que non teñen grandes esixencias
como para empregar un sistema de edición non lineal para os seus vÃdeos domésticos
ou gravacións feitas por cámaras web. Co novo sistema tamén se potencia a
publicación de contidos captados co teléfono móbil.
