Increméntase a venda de televisores analóxicos, malia o medre da TDT

martes, 15 de xullo do 2008 Raquel Noya

A segunda vaga do EGM (Estudo Xeral de Medios) vén de desvelar datos que confirman a progresiva implantación da nova tecnoloxía dixital terrestre en España, pese a que algúns medios de comunicación e empresas do sector se escandalicen e dean a voz de alarma ante o incremento das ventas de televisores analóxicos (uns 4.000 máis) respecto do mes pasado.
Malia que esta demanda de televisións sen receptor de TDT incorporado rompe unha tendencia que viña sendo descendente dende comezos de ano, o certo é que non semella representar unha ameaza para a implantación total da tecnoloxía dixital prevista para 2010, xa que, en termos relativos (e sempre segundo datos oficiais do EGM,) “as ventas de televisións analóxicas en maio representa o 18,3 por cento do volume total destes electrodomésticos comercializados no mes”.
Este estudo indica asemade que preto de 6 millóns de fogares no noso país teñen xa acceso á TDT e a penetración desta tecnoloxía acada a un máximo de 37 por cento da poboación española. No referente ao equipamento dos fogares, o EGM tamén amosa un medre significativo nos últimos meses, e xa son máis de 32 millóns o número de equipos decodificadores implantados no noso país.