Indagando TV divulgará a ciencia a través da Internet
luns, 15 de xuño do 2009
Vladimir de Semir, un dos
pioneiros da divulgación cientÃfica na prensa española, presentará mañá no
teatro Alcázar de Madrid a nova canle de
televisión virtual Indagando TV, que empregará a Internet para dar a
coñecer novidades no campo da ciencia, a tecnoloxÃa, o medio ambiente, a saúde
e a innovación dun xeito ameno e sinxelo, dirixÃndose a un público de todas as
idades e calquera nivel de coñecemento.
O vÃdeo deste novo medio recÃbese mediante streaming
e pode verse cunha calidade notable a pantalla completa. O espazo está
presentado pola xornalista América Valenzuela, a dirección de contidos recae en
Óscar Menéndez, a dirección xeral en Graziela Almendral, e tamén
hai varias empresas do audiovisual involucradas no proxecto.
A canle de divulgación
cientÃfica pretende mellorar a súa difusión optando polo bilingüismo (español e
inglés) e os seus contidos poden visualizarse tanto seguindo a súa programación
continua coma accedendo aos seus programas á
carta.