Indiegogo tira a toalla coa ZX Vega+
mércores, 6 de xuño do 2018
O
proxecto de micromecenado para facer posible a consola Sinclair ZX Spectrum Vega+,
que permitirÃa gozar de xeito portátil a tÃtulos de ZX Spectrum, tiña marcado
como obxectivo o mes de setembro do ano 2016, e tras acumular numerosos adiamentos
e pór data en moitas ocasións ao inicio dos envÃos aos seus mecenas, dos que
conseguiron 512.790 libras esterlinas, remataron
coa paciencia dos responsables de Indiegogo, plataforma de crowdfunding que estaba a recibir moitas
reclamacións dos usuarios ante a negativa de Retro Computers Ltd (RCL) de
devolver os cartos aos mecenas fartos de agardar.
A primeiros de mes Indiegogo lanzou un ultimatum a RCL, esixÃndolles que
demostrasen que o proxecto continuaba a ser viable achegando unha unidade da ZX
Spectrum Vega+, pedindo tamén que devolvesen inmediatamente os cartos
reclamados por clientes insatisfeitos e que facilitasen datos de contacto a representantes
de Sky (compañÃa á que culparon dos últimos adiamentos, ao parecer, inxustificadamente).
Ao non atender as demandas dende RCL, dende Indiegogo dan por fracasado o
proxecto, e inician accións para reclamar os cartos recadados, o que pode levar
o seu tempo, aÃnda que é posible que nos vindeiros meses dende RCL consigan
cumprir coas súas obrigas e entreguen as consolas aos mecenas, pois a páxina
web continuará activa para que dende RCL poidan manter a comunicación cos
usuarios.
Dende Indiegogo desexan que RCL cumpra coas súas últimas promesas, que
consistÃan en enviar as consolas Vega+ aos mecenas a partires do dÃa 15 deste
mes, algo que resulta moi pouco crible, pois xa prometeran iniciar os envÃos na
primeira metade do mes de maio (e levan 2 anos asegurando que en poucas semanas
comezan os envÃos).
