Inprosec incorpórase ao Clúster TIC Galicia

martes, 22 de maio do 2018 Redacción

O Clúster TIC Galicia foi obxecto os días pasados dunha nova incorporación á súa listaxe de empresas integrantes, todas elas co nexo común de ser empresas tecnolóxico-dixitais e, tamén, de seren innovadoras. Estamos a falar da adhesión de Remote Consulting Services (Inprosec), con sede en Vigo e centrada principalmente no fornecemento de servizos especializados en consultoría, na seguridade da información e en xestión de riscos. Entre os seus clientes atópase entidades e compañías de primeiro nivel, como Unilever, Nemak, InterCement ou Votorantim, entre outras.
Segundo informa o Clúster, o obxectivo básico de Inprosec é axudar ás empresas “a converterse en organizacións máis seguras, mantendo a excelencia no servizo grazas ao traballo dun equipo de gran experiencia, próximo e consolidado”. De Inprosec, a plataforma galega tamén salienta o feito de contar con profesionais plurilingües que ofrecen apoio e asesoramento especializado en varios idiomas e que traballan xunto a grandes compañías, tanto nacionais como internacionais.

PUBLICIDADE