Instagram Plus, unha subscrición con funcións exclusivas
xoves, 4 de xuño do 2026
Instagram presentou Instagram Plus, unha nova modalidade de subscrición opcional coa que busca ofrecer ferramentas adicionais para mellorar a interacción entre usuarios, obter máis información sobre a actividade das publicacións e ampliar as opcións de personalización da plataforma.
A nova subscrición estrutúrase arredor de tres grandes áreas: a relación cos contactos máis próximos, o acceso a estatÃsticas e vistas previas adicionais e a personalización da experiencia de uso.
Entre as funcións orientadas a reforzar a interacción social destaca Story Spotlight, que dá prioridade ás historias dos usuarios diante dos seus amigos. Tamén se incorpora Super Hearts, un sistema de reaccións con corazóns animados para celebrar as publicacións temporais doutros usuarios. Instagram Plus permite ademais crear un número ilimitado de listaxes de audiencia para compartir historias con grupos especÃficos de contactos e ofrece a posibilidade de ampliar a duración das historias ata as 48 horas mediante a función Story Extend.
A subscrición introduce tamén novas ferramentas de seguimento da actividade das historias. Story Preview permite visualizar historias sen a presión de reaccionar de inmediato, mentres que Story Rewatch Insights informa sobre o número de veces que unha historia foi reproducida de novo. Outra novidade é Search Viewer List, que facilita comprobar rapidamente se unha persoa concreta viu unha historia.
No apartado de personalización, os subscritores poden escoller entre distintas iconas alternativas para a aplicación mediante Custom App Icon, asà como modificar a tipografÃa da biografÃa do seu perfil con Custom Bio Font. Instagram Plus amplÃa tamén de tres a seis o número de publicacións que poden permanecer fixadas no perfil e incorpora a opción Post Directly to Profile, que permite publicar contido no perfil ou nos destacados sen que apareza nas fontes de novidades dos amigos.
Instagram confirmou que Instagram Plus comeza a despregarse globalmente desde hoxe e avanzou que a subscrición seguirá recibindo novas funcións nos vindeiros meses.
