Instagram por fin permite ás empresas programar as súas publicacións

martes, 30 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

A partires de hoxe Instagram conta cunha nova API, de xeito que as ferramentas de terceiros que se relacionan con popular aplicación de imaxes e vídeos orientada ao seu uso móbil conta con novas funcionalidades especialmente atractivas para empresas, como é o feito de que a partires de agora sexa posible que programen publicacións, prestación que estreará Hootsuite, aínda que nos vindeiros días é de esperar que moitas outras plataformas faciliten esta esperada funcionalidade. As novidades chegarían a contas persoais a primeiros do ano que vén.
Até o momento, as ferramentas de xestión de redes sociais o que permitían era gardar mensaxes a xeito de borrador e programar alertas, de xeito que a publicación final sempre tiña que completarse en directo dende un smartphone, o que resulta moi complexo para marcas e a organización de campañas de marketing nas que as publicacións noutras plataformas como Twitter ou Facebook poden programarse de xeito doado.
Os cambios na API de Instagram tamén supoñen a eliminación da API anterior, procedemento que desenvolverase de xeito progresivo durante 2 anos a partires do 31 de xullo, dando así tempo ás compañías a adaptarse ás novidades de Instagram.

PUBLICIDADE