Isabel Rodríguez reivindica as posibilidades do Bono Cultura Xove dende a tenda Game de Lugo
mércores, 6 de setembro do 2023
A
subdelegada
do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este martes 5, en
Lugo, a sede da tenda Game, especializada en videoxogos, onde fixo un
balance das posibilidades que abre para a mocidade o Bono Cultura
Xove do Ministerio de Cultura e Deporte, cuxo prazo de solicitude
remata este 30 de setembro. A subdelegada informou de que 1.145 mozas
e mozos da provincia realizaron máis de 4.105 operacións por valor
de 163.507 euros a través do bono, que destina 9.259.600€ para
que as novas xeracións conten cunha axuda de 400€ para gastar en
actividades e bens culturais.
“Queremos
lembrar que as persoas nadas no 2005 teñen dereito a solicitalo este
mes, co que pretendemos que os novos adultos teñan un acceso máis
fácil a un sector que da traballo a 700.00 persoas e ten un gran
impacto na economía representando un 3,2% do PIB”, comentou.
Isabel
Rodríguez, acompañada do concelleiro de Mocidade e Deportes, Jorge
Bustos; o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño, e
un dos encargados de Game, David Rego, comprobou de primeira man como
marcha a iniciativa, na que participa en Lugo “preto do 50% da
mocidade lucense” e aínda están a tempo de ser máis, xa que o
prazo finaliza o 30 deste mes, tanto para solicitalo como para gastar
a axuda do ano pasado, que foi dedicada aos nados no 2004.
“Esta
axuda permite aos beneficiarios o consumo de contidos distribuídos
en múltiples formatos para explorar unha oferta cultural rica e
variada”, subliñou a subdelegada. Durante a visita, a
representante do Gobierno na provincia remarcou que “dedicar
recursos á cultura é unha das ferramentas máis poderosas que temos
ao noso alcance para inculcar nas persoas pensamentos e miradas
críticas e diversas”.
En
Lugo, hai 29 establecementos entre eles librarías, salas de cinema,
tendas de produtos dixitais e en liña ou locais especializados en
videoxogos, películas, entre outros. As entidades que queiran
adherirse aínda están a tempo, o 30 de setembro finaliza o prazo
para inscribirse e pódese
facer na ligazón de seu.
Tres
categorías para gastar
O
Bono Cultura Xove divídese en tres apartados:
-
200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes
audiovisuais.
-
100 euros para produtos culturais en soporte físico, como libros,
revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas.
-
100 euros para consumo dixital ou en liña na que entran subscricións
e alugueiros a plataformas virtuais.