It Takes Two destaca entre os xogos de decembro de PlayStation Plus
mércores, 27 de novembro do 2024
O vindeiro 3 de decembro renóvanse os xogos mensuais do servizo PlayStation Plus, cunha selección de tÃtulos que, aÃnda que non sexan superproducións, son algúns dos xogos máis interesantes dos últimos anos, polo interese que captaron por parte dos xogadores e incluso da crÃtica.
O xogo máis importante é, sen dúbida, It Takes Two (para PS4 e PS5), un tÃtulo de aventuras de plataformas que combina distintos xéneros e que está pensado para superarse en compañÃa doutro xogador en local ou en liña, xa que cada usuario ten que adoptar o rol dun dos dous protagonistas do xogo, unha parella de humanos convertidos en bonecos por un encantamento, quedando atrapados nun mundo fantástico no que unir forzas pese a que a súa relación non está a pasar polo seu mellor momento. Este xogo de 2021 gañou numerosos galardóns, estando considerado por moitos como o mellor xogo do seu ano.
O outro xogo para PS4 e PS5 que chega en decembro será Aliens: Dark Descent, tÃtulo do ano pasado no que temos que manter convida a un escuadrón que ten que enfrontarse contra o temido xenomorfo cinematográfico. Trátase dun xogo de estratexia con combates en tempo real, que conta unha historia orixinal que cativará a calquera amante da saga cinematográfica creada por Ridley Scott.
Completa os xogos do mes un tÃtulo para PlayStation 5, Temtem, claramente dirixido a un público infantil que pode converterse en domador de Temtem, explorar as seis illas do Arquipélago Aéreo, descubrir novas especies de facer novos amigos no camiño. Un xogo de rol e aventura que pode lembrarnos a Pokémon, pero que ten a súa propia identidade, especialmente por desenvolverse nun mundo en liña en constante evolución.