Itch.io e Steam restrinxen a distribución de xogos con contidos para adultos
xoves, 24 de xullo do 2025
A plataforma itch.io anunciou que vén de retirar dos seus sistemas de busca e navegación todo o contido para adultos, tras recibir presións por parte dos seus procesadores de pagamento. A decisión, tomada de maneira inmediata e sen aviso previo aos creadores, busca garantir a continuidade do servizo e a súa capacidade para tramitar pagamentos.
Segundo explica a propia compañÃa nun comunicado, o detonante foi a polémica arredor dun xogo titulado No Mercy (de Zerat Games), que estivo dispoñible de maneira temporal na plataforma antes de ser prohibido en abril (mes no que os responsables do xogo decidiron deixar de vendelo en Steam para evitar problemas á plataforma). A organización australiana Collective Shout lanzou entón unha campaña contra Steam e itch.io, dirixÃndose aos procesadores de pagamento destas plataformas para denunciar a natureza dalgún do contido aloxado.
A empresa recoñece que a medida foi tomada «de maneira urxente» para protexer a infraestrutura de pagamentos da plataforma, que consideran vital para que os creadores poidan seguir operando. Ao tratarse dunha situación crÃtica e que avanzou con rapidez, itch.io argumenta que non foi posible informar con antelación aos afectados.
Neste momento, a compañÃa está a realizar unha auditorÃa completa dos contidos dispoñibles, e as páxinas con material adulto permanecerán ocultas mentres non se revise a súa conformidade coas polÃticas dos procesadores de pagamentos. Unha vez rematado o proceso, os creadores deberán confirmar que os seus contidos se axustan ás normas destas entidades. Algúns contidos poderán ser eliminados permanentemente e os responsables recibirán unha notificación por correo electrónico.
Esta situación está a resultar bastante polémica, xa que supón a imposición dun criterio moral en plataformas con sistemas de discriminación por idade, polo que non parece razoable que se restrinxa o acceso a contidos con certo carácter sexual a adultos conscientes do que están a adquirir. Nesta ocasión os bloqueos iniciais tiveron lugar en Australia, Canada e Reino Unido, e polo momento a Comisión Europea non se manifestou sobre a legalidade de que as plataformas de pagamento poidan vetar plataformas enteiras se ofrecen contidos pornográficos aos seus usuarios.
