Jazztel proba a tecnoloxía VDSL2 para dar conexións de ata 50 Mbps

venres, 22 de xuño do 2007

A operadora de telecomunicacións Jazztel anunciou o comezo das probas piloto para ofrecer servizos de banda larga de ata 50 Mbps mediante tecnoloxía VDSL2, sumándose a Telefónica neste tipo de probas.
Actualmente Jazztel conta con 530 centrais con ADSL2+ (que permiten velocidades de ata 20 Mbps) que están preparadas para a súa adaptación a VDSL2, e hai que destacar que as velocidades máximas acadadas por esta nova tecnoloxía dependen moito das distancias dos usuarios ás centrais, de xeito que os 50 Mbps só se poderían acadar a un 1 quilómetro de distancia (partindo esta tecnoloxía de velocidades de ata 250 Mbps).

PUBLICIDADE