Jesús Vázquez achégase ó móbil no xogo oficial do concurso ¡Allá Tú!
venres, 6 de xullo do 2007
Gameloft lanzou
o videoxogo oficial para móbiles baseado no concurso televisivo ¡Allá
Tú!, presentado polo ferrolán Jesús Vázquez. O xogo reproduce a trama
do concurso, que pon a proba a capacidade de negociación do xogador mentres a
banca valora as posibilidades do concursante de levar un bo premio, tralo que
realiza ofertas para tentar ó xogador a abandonar.
Jesús
Vázquez estará presente no xogo baseado no concurso de Telecinco, de xeito
que interactuará co xogador, achegando a experiencia de xogo ó propio concurso
televisivo (grazas tamén á reprodución da música orixinal e a visión do plató
auténtico do programa), mentres o xogador irá descubrindo os premios que
conteñen as 22 caixas que recollen premios de entre 10 céntimos a 600.000 euros
(ou mesmo con artigos sen valor).