Jetpack facilita a integración da intelixencia artificial xenerativa en WordPress
xoves, 8 de xuño do 2023
Para potenciar as
páxinas web creadas con WordPress os seus creadores comercializan unha serie de
servizos baixo a marca Jetpack que van dende a realización de copias de
seguridade até a integración dun sistema de relación cos clientes, e que agora
está a causar sensación ao estrear
Jetpack AI Assistant, ferramenta que permite tirar proveito en páxinas web
hospedadas en WordPress.com e en calquera outra páxina web con Jetpack (como os
millóns de sitios web que funcionan con WordPress).
Este novo asistente integrado en Jetpack intégrase perfectamente en WordPress,
de xeito que cando estamos no editor de publicacións podemos empregalo para,
por exemplo, crear contido de xeito automático mediante ordes de texto (creando
entradas de blog, páxinas detalladas, listaxes estruturas e táboas). Os contidos
xerados tamén poden adaptarse ao ton que lle indiquemos en función dos obxectivos
da páxina web en cuestión (pode amosar certa simpatía nun blog persoal ou ser
máis formal nunha páxina web corporativa), axuda na creación de títulos e
resumos do noso texto, pode traducir entre 12 idiomas, evita os erros
ortográficos e gramaticais, e incluso pode funcionar como un chat para
conversar coa intelixencia artificial como se fose un colaborador máis.
Os usuarios de WordPress.com poden xa tirar proveito do Jetpack AI Assistant
totalmente de balde (por tempo limitado) mentres que o resto de usuarios que
queiran tirar proveito da intelixencia artificial para a creación de contidos
en liña deberán pagar unha subscrición
de 11 euros/mes.