Jooce ofrecerá un escritorio virtual para os internautas sen un ordenador fixo
martes, 21 de agosto do 2007

- O escritorio de Jooce lembra ó Mac OS X
O número de persoas que se conecta á Rede dende
cibercafés e outros locais públicos non poden gozar de moitas facilidades que
teñen os usuarios domésticos, polo que a nova empresa francesa Jooce está a preparar
unha especie de escritorio desenvolvido en Flash para que os usuarios
poidan ter unha especie de escritorio virtual ó alcance dende o que poder
gardar e compartir documentos, mandar correos electrónicos, reproducir contidos
multimedia e mesmo facer uso da mensaxerÃa instantánea.
Jooce aÃnda está nunha versión en
probas privada, pero agardan que esta plataforma acade un importante éxito
xa que estiman que o número de usuarios que acceden á Internet dende equipos públicos
é duns 500 millóns de persoas, o que supoñen un público potencial moi amplo.
Tamén publicarán a súa API máis adiante, o que permitirá a terceiros
desenvolver aplicacións que completen as funcións básicas incorporadas.
