Joost ábrese parcialmente coma unha plataforma de vÃdeo baixo demanda baseada en tecnoloxÃa P2P
mércores, 2 de maio do 2007
Os fundadores de
proxectos de éxito coma KaZaA e Skype, Niklas Zennström e Janus Friis, están a
dar moito que falar co que se daba en chamar O Proxecto Venecia, e que xa ten un produto rebautizado, Joost.
Este novo programa aplicarÃa a filosofÃa das iniciativas anteriores tirando
proveito da tecnoloxÃa P2P para crear un sistema de difusión de vÃdeo a través
da Rede que poderÃa revolucionar o xeito de entender o audiovisual na Rede. AsÃ,
con Joost os usuarios poderÃan ver unha serie de canles televisivos pregravados
cunha calidade semellante á da televisión tradicional, pero con certa
interactividade e con contidos á carta, o que xa se tiña con solucións coma
YouTube, pero que nesta ocasión dá un salto cualitativo constituÃndose en toda
unha alternativa á televisión terrestre que nos últimos meses contou cunha
inmensa base de usuarios de proba. Ademais, os responsables de Joost tamén
pecharon acordos con moitos provedores de contidos que provén a este novo xeito
de achegar a televisión ós usuarios de infinidade de pezas que, lonxe de pode
competir con YouTube, destacan por publicarse de xeito totalmente legal.
AsÃ, os usuarios de proba de Joost teñen á súa disposición entrevistas a
artistas musicais, videoclips, episodios da serie televisiva da cadela Lassie,
series de animación (dende clásicos ata anime),
documentais, acontecementos deportivos, reportaxes sobre o mundo do motor ou
programas sobre videoxogos, aÃnda que polo momento o inglés reina entre toda
esta oferta audiovisual (cunha tÃmida presenza do español).
O respecto de Joost ós dereitos dos contidos que distribúe o levan a que a
oferta de contidos sexa diferente segundo o paÃs no que está o receptor dos programas,
polo que dende España non podemos ver boa parte das canles (coma National
Geographic) pero iso non supón que lle falte variedade a unha programación
gratuÃta que pretende financiarse mediante publicidade e que non perseguirá os contidos
xerados polos usuarios (coma fai Google) pero que poderÃa supor unha canle
excelente para as pequenas produtoras que queiran chegar a un grande público.
Esta semana será chave no futuro desta nova plataforma de contidos, pois os
usuarios de proba verán incrementadas infinitamente as súas invitación para
achegar a outros usuarios a Joost, o que virÃa a ser unha
apertura de facto do sistema (como
xa pasara con Gmail). Haberá que agardar agora para ver se Joost se converte no
novo éxito audiovisual da Rede (como aconteceu con Google) ou quedará só cun
nicho de usuarios de banda larga que prefiren contidos de calidade fronte a
unha oferta de contidos de pouca definición nas que se pode perder un na
actualidade.