José Tojeiro, elixido coma o maior friki galego
mércores, 28 de xaneiro do 2009
A Internet facilita a creación
de estrelas, personaxes que polas
súas caracterÃsticas peculiares gozan de moita popularidade pese a que non
sexan figuras relevantes para os medios de comunicación de masas, polo que dende
o blog Galicia Profunda organizaron a I Edición dos Premios 100% friki galego, dos que veñen de darse a coñecer os
gañadores, confirmándose que pese a aparecer en televisión hai
moitos anos, José
Tojeiro segue a ser considerado o rei de reis entre os frikis galegos co 54% dos votos
recibidos, superando a Cañita Brava, Wladimir Dragossan e John Balan.
Noutras categorÃas tamén se recoñeceu a Manuel Fraga coma o polÃtico máis
peculiar co 56% dos votos; o vÃdeo galego máis impactante foi E ló!: querendo botar un
polvo co 29% dos votos (pese a que se trata dun corte de audio
pendurando en YouTube en vez dun vÃdeo) e coma noticia de 2008 resultou
galardoada a gravación
dun vÃdeo pornográfico na Praza do Obradoiro (co 59% dos votos).
VÃdeo que fixo famoso a José Tojeiro na Internet

