Juan Lesta leva unha das súas videoinstalacións ao Museo Centro Gaiás
xoves, 19 de febreiro do 2026
Tras comezar o ano coa exposición Horizonte rugoso expandido no Espacio Peculiar de Oleiros, o artista visual coruñés Juan Lesta anuncia que unha das súas novas videoinstalacións dentro da serie Cielos Intervenidos poderá verse en Galicia. Falamos de Horizonte/5, que formará parte da exposición As estacións do ano.
Esta nova mostra comisariada pola artista e investigadora Mónica Alonso, xunta máis de 80 obra de 63 artistas galegos con obras dos séculos XX e XXI e poderá verse no Museo Centro Gaiás entre o 26 de febreiro e o 6 de setembro.
Dentro desa exposición teremos Horizonte/5, unha instalación audiovisual de cinco canles que intervén espacial e temporalmente fragmento do horizonte marino galego. As formas xeométricas e as variacións de tempo alteran a estrutura lineal da paisaxe, abrindo unha reflexión entre o visible, o transformado e o feito de contemplar.
