Kate Adams e Lisa Jackson deixarán Apple en 2026
xoves, 4 de decembro do 2025
Apple anunciou unha profunda reestruturación na súa dirección executiva coa incorporación de Jennifer Newstead como nova directora xeral xurÃdica a partir do 1 de marzo de 2026, etapa na que asumirá tamén a responsabilidade de Asuntos Gobernamentais. Newstead unirase á compañÃa xa en xaneiro como vicepresidenta sénior, integrándose no equipo executivo e reportando directamente ao conselleiro delegado, Tim Cook.
O movemento prodúcese no marco da retirada paulatina de Kate Adams, actual conselleira xeral de Apple desde 2017, que continuará na empresa ata finais de 2026 supervisando a área de Asuntos Gobernamentais durante o proceso de transición.
A compañÃa confirmou igualmente a retirada de Lisa Jackson, vicepresidenta de Medio Ambiente, PolÃticas e Iniciativas Sociais, que deixará o seu posto a finais de xaneiro de 2026. As responsabilidades ambientais e sociais pasarán a depender do director de operacións Sabih Khan.
Este anuncio realÃzase nun momento bastante sensible para a compañÃa de Cupertino, pois esta semana non só anuncian a marca de Kate Adams e Lisa Jackson, senón que tamén se confirmou a retirada de John Giannandrea e deuse a coñecer a partida de Alan Dye, o que sumado ao ruxerruxe de que Tim Cook poderÃa deixar a dirección xeral da compañÃa na primeira metade de 2026, confirma os ventos de cambio en Apple.
Tim Cook salientou a relevancia da contribución de Adams á protección da privacidade dos usuarios e á defensa da capacidade de innovación da empresa: «Kate foi unha parte integral da compañÃa durante boa parte dunha década, ofrecendo asesoramento crÃtico e defendendo sempre o dereito dos nosos clientes á privacidade e o dereito de Apple a innovar». Sobre a marcha de Jackson, Cook destacou o seu papel clave na redución de máis do 60 % das emisións globais de gases de efecto invernadoiro respecto de 2015: «Foi unha socia estratéxica imprescindible na relación cos gobernos e na defensa dos valores da compañÃa».
O conselleiro delegado tamén celebrou a chegada de Newstead: «Non poderiamos estar máis satisfeitos coa incorporación de Jennifer. Achega unha profundidade extraordinaria de experiencia e habilidades, e liderará o importante traballo de Apple en todo o mundo. A súa experiencia en asuntos internacionais convértea na persoa indicada para dirixir os equipos Legal e de Asuntos Gobernamentais, cuxas áreas se solapan cada vez máis».
Newstead, que foi directora xeral xurÃdica en Meta e ocupou cargos de alta responsabilidade no Departamento de Estado dos Estados Unidos e noutras institucións federais, sinalou que se sente honrada por unirse á compañÃa: «Admirei durante moito tempo o foco de Apple na innovación e o seu forte compromiso cos seus valores e cos seus usuarios. É unha honra liderar un equipo extraordinario dedicado a facer cada dÃa o que mellor serve aos intereses dos usuarios da compañÃa».
Pola súa banda, Kate Adams recoñeceu que formar parte de Apple foi «un dos grandes privilexios» da súa vida profesional e expresou a súa confianza na sucesora: «Jennifer é un talento excepcional e estou segura de que deixo o equipo nas mellores mans». Jackson tamén se despediu agradecendo a oportunidade de liderar o labor ambiental e social da empresa: «Traballei con lÃderes que entenden que reducir o impacto ambiental é bo para o planeta e tamén para o negocio. Teño plena confianza en que Apple continuará a ter un impacto positivo profundo no planeta e na súa xente».
