Keane estreará single nunha memoria USB
venres, 20 de outubro do 2006
O grupo británico Keane estreará o seu novo sinxelo nun formato revolucionario: unha memoria USB de 512 Mb.
Asà 1.500 seguidores de Keane no Reino Unido poderán mercar Nothing in my way (do disco Under the iron sea) por 3,99 libras (5,95 euros) nun estoxo do tamaño dunha caixa de CD estándar pero que no seu interior incorporará a curiosa memoria USB, que tamén incluirá o vÃdeo musical da canción, varios protectores de pantalla e unha ligazón a unha web que amosa unha versión alternativa da canción (e inclúe un concurso para ver ó grupo nos EE.UU. o vindeiro ano).
Pero o novo single non chegará só a través do novo formato, senón que tamén se poderá mercar en CD, en descarga a través da Rede e mesmo en disco de vinilo. Toda unha aposta multi-formato da banda británica.
