Kojima Productions estrea un tráiler do seu novo xogo de terror
martes, 23 de setembro do 2025
Durante o evento de celebración do décimo aniversario de Kojima Productions estreouse o novo trailer de OD, un proxecto con selo de Xbox Game Studios que promete redefinir os lÃmites entre xogo e cine interactivo, que Hideo Kojima confirmou que o seu desenvolvemento está «ben encamiñado» e conta co apoio técnico de Microsoft.
A actriz Sophia Lillis, coñecida por filmes como IT e Dungeons & Dragons: Honor Entre Ladrones, protagoniza un avance que evoca directamente o espÃrito de P.T., un adianto do xogo Silent Hills que rematou sendo cancelado (convertendo esta breve experiencia nalgo único). No tráiler, Lillis aparece nunha habitación desolada, acendendo candeas mentres sons inquietantes e fenómenos sobrenaturais (como sangue fluÃndo dunha vela ou vermes saÃndo doutra) envolven a escena. A tensión culmina coa aparición dunha entidade que a agarra pola cara, nunha secuencia que destaca pola precisión emocional da interpretación dixital, grazas á tecnoloxÃa Meta Human de Unreal Engine.
Phil Spencer, responsable de Xbox, definiu OD como «audaz, único e inconfundiblemente desta produtora», subliñando que o traballo con Unreal Engine está a permitir avances visuais que superan incluso os acadados en Death Stranding 2. Kojima, pola súa banda, cualificou o proxecto como avant-garde, centrado no medo e na posibilidade de «sobredose emocional», o que dá nome ao xogo.
AÃnda que non hai data de lanzamento confirmada, OD está previsto para Windows e Xbox Series X|S, aÃnda que non se descarta unha chegada a outras plataformas. O tÃtulo, subtitulado Knock, parece formar parte dun universo narrativo máis amplo, no que tamén participa o cineasta Jordan Peele, aÃnda que o seu papel especÃfico está pendente de desvelar.
Tráiler de OD
