Konami achegará ó móbil varios dos seus mellores xogos
luns, 27 de agosto do 2007
Florian Stronk, responsable da división de móbiles
de Konami, anunciou durante a Games Convention de Leipzig a pasada semana que a
súa compañía estreará versións
para o móbil dalgún dos seus xogos máis destacados coma son Pro Evolution Soccer, Castlevania: Aria of Sorrow e Silent Hill.
Dende Konami parecen estar moi satisfeitos coas conversións dos seus xogos ó móbil,
e Stronk declarou que “estes lanzamentos
poñen de manifesto o compromiso de Konami para espallar a dispoñibilidade das súas
propiedades chave en tódalas plataformas de xogos”.
As novas versións dos xogos serán distribuídos por Glu Mobile.