LOLgle convida a ver as curiosidades na web
venres, 10 de agosto do 2007
Os sistemas de recomendacións de novas baseados nas
votacións dos usuarios son toda unha moda de xeito que podemos ver novas tecnolóxicas
en Digg, Menéame
é a súa réplica en español, e para temática galega tamén temos a Chuza, e agora temos un novo servizo chamado LOLgle, que ten un nome nacido do acrónimo LOL (Laughing Out Loud, ou sexa, escachando
coa risa) e que vén a ser un sistema de recomendación e valoración de
curiosidades e cousas graciosas para aledar o dÃa ós seus usuarios.
LOLgle
naceu onte, polo que aÃnda non ten moitos contidos, pero promete ser un bo
lugar onde pasar os momentos de lecer durante o verán.
