La 2 Noticias estrea blog

venres, 31 de agosto do 2007 Marcus Fernández

As novas televisións están a apostar pola Internet dun xeito ou outro, pero Televisión Española aínda vai con certa demora, e parece que lle gusta adaptarse ós novos xeitos de comunicación, pero os cambios van chegando pouco a pouco e esta semana os responsables dos informativos de La 2 estrearon un blog que marca o comezo dunha nova etapa por parte do departamento de novos medios e Internet da compañía, que pretende achegar moitos dos contidos que se fan en TVE á web, aínda que advirten de que os cambios máis notables non se percibirán ata primeiros de 2008.
O novo blog aínda está moi verde, cunha maquetación realmente mala, que non permite ver os vídeos incrustados en navegadores distintos do Internet Explorer e que precisa de rexistro para facer comentarios (o que explica que haxa tan poucos) pero promete mellorar día a día, de xeito que poida converterse nun espazo de utilidade e interacción coa audiencia televisiva da segunda canle pública de España.