La 2 seleccionará presentadores a través de YouTube

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

La 2 está a preparar un novo programa, En construcción, que pretende empregar a Internet coma ferramenta chave para que os mozos de entre 11 e 16 anos poidan atopar tódalas tardes no seu televisor temas relacionados coas súas actividades habituais. Para comezar con esta aposta (que aínda non ten pechado o seu formato) TVE empregará YouTube como método de captación de presentadores, de xeito que os interesados deberán subir ó portal de vídeo de Google para que se poida botar o preferido.
O novo programa sería unha especie de contedor informativo conducido por mozos informáticos, bolseiros, que cubrirán unhas 20 seccións entre as que destacan X la cara (con información sobre descargas de balde), Vlog, un vídeo-log (creado por un dos bolseiros) ou Cursillos para la edad adulta (con consellos sobre cómo comportarse no mundo dos adultos).

PUBLICIDADE