La Blogothèque: servizo en liña de videoclips como nunca antes se viron
venres, 18 de xullo do 2008
Un videoclip está suxeito a tantas transformacións como se queira. É igual que calquera outro formato de expresión: pódese sacar das canles oficiais, vestilo con roupas nunca imaxinadas, darlle voltas, facerlle falar ao revés ou cambiar radicalmente a feitura. Este é, palabras máis palabras menos, un dos idearios do músico de ParÃs Chistophe Chryde, coñecido como Chryde, que segue a transcender de cheo nos medios (como en Indiespot ou en Resaca Musical) por, entre outras cousas, terlle posto rodamentos ao inmobilista formato de videoclip a través dunha canle principal: a web La Blogothèque, dende a que internautas de todo o mundo poden descargar obras de (entre outros) a súa feitura -a prezos reducidos e deseñados para seren escoitados e vistos en reprodutores MP3.
As pezas audiovisuais, concibidas na súa orixe en estreita colaboración co músico Vincent Moon (tamén de ParÃs e tamén ligado á teima de procurar novos vieiros para a distribución de vÃdeos musicais), son especialmente rechamantes, tanto polos lugares escollidos para levar a cabo as gravacións dos distintos grupos e solistas presentados (no metro, sobre un tellado) como polos vieiros elixidos para a súa distribución, os dixitais.
A idea, segundo se sinala nunha completa reportaxe publicada hoxe en Elpais.com, parte desta liña de saÃda: nada mellor que comezar un proceso de renovación (neste caso o do videoclip) que facelo sen nada máis que cancións. Sen adobÃos nin trucos. De aà xurdiu precisamente o proxecto Concertos para levar, que é o xermolo e o alicerce da dita web La Blogothèque, aberta xa en 2003 e anticipándose, en certa maneira, a toda a vaga de redes sociais vinculadas á música que veu logo. Arestora, para que nos fagamos unha idea da repercusión, os músicos están a ser reclamados por grupos como R.E.M. que lle encargou ao propio Vincent Moon a elaboración dos vÃdeos do seu álbum máis recente, Accelerate. Máis concretamente dos dous temas Hollow man e Supernatural Superserious (este último podemos velo na web www.supernaturalsuperserious.com).
Na imaxe, Gaspar Claus e Pedro Soler vistos (tamén) pola cámara de Moon.
