La Voz de Galicia consolida o seu liderado da Internet galega
luns, 17 de decembro do 2007

- Contraste dos datos de OJD en Galicia dos últimos 4 meses
A
edición dixital de La Voz de Galicia reforzou o seu liderado neste último ano
cun incremento de audiencia próximo ó 27%, pechando novembro con 753.730
usuarios únicos mensuais e 2,8 millóns de visitas, segundo os datos
da Oficina de Xustificación da Difusión (OJD) de xeito que o redeseño e a
renovación da cabeceira galega o pasado 25 de xullo darÃa un novo pulo á web,
que se consolidarÃa á cabeza do panorama dixital galego.
Lavozdegalicia.es conta actualmente uns 83.500 usuarios únicos diarios de luns
a venres e segundo os datos de OJD, terÃa o 69,3% dos usuarios dos medios
auditados en Galicia, o que supón unha ampla vantaxe con respecto do Faro de Vigo
e El Correo
Gallego.
De continuar a tendencia actual, a edición dixital de La Voz pechara o ano con preto de
25 millóns de visitas e máis de 190 millóns de páxinas vistas, converténdose
nun excelente complemento da edición impresa.
