La Voz de Galicia renova a súa web co gallo do DÃa de Galicia
xoves, 26 de xullo do 2007
Esta semana parece o momento elixido por boa parte
dos medios dixitais para renovar a súa imaxe co gallo do DÃa do Apóstolo, e
igual que GZNación,
tanto webs coma Trebellos
ou La
Voz de Galicia cambiaron as súas webs.
A nova edición de La Voz
era algo moi agardado, que amosa asà un formato máis amplo, adaptándose ás
novas resolucións de pantalla, de xeito que os 800 pÃxeles de ancho danlle paso
a uns 1.024 pÃxeles que xa son o estándar da web actual, o que lle permite tamén
aumentar o tamaño das súas tipografÃas e incorporar máis contidos multimedia.
A navegación da nova web pretende ser máis intuitiva, aÃnda que despista ós
usuarios que estaban afeitos a unha barra lateral á esquerda da web que agora
se ve substituÃda por unha barra superior de dous niveis como tamén fixeron
moitos outros medios dixitais nos últimos meses (polo que esta solución de
navegación se está a converter nun estándar de
facto).
As edicións locais de La Voz
tamén teñen un espazo especial na portada da web, onde tamén aparecen recadros
dedicados a galerÃas fotográficas, vÃdeos, espazos de participación,
blogs, a información meteorolóxica e mesmo o humor, creando un espazo moi
completo que pode satisfacer directamente á meirande parte de lectores que non
terán asà a necesidade de profundizar nas distintas seccións da web (atopando
os contidos buscados directamente).
Os cambios na web de La Voz
parecen estar vivos, de xeito que algúns contidos que parecÃan estar emerxendo
onte, hoxe están operativos, de xeito que se vai adaptando para cumprir co
obxectivo de atender a un importante público que o converten na publicación
galega lÃder tanto na Internet como fóra dela.
