LaLiga SmartBank TV chega a Prime Video o 6 de decembro

mércores, 30 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Había unha grande expectación sobre o movemento que faría Amazon ao entrar no mercado do fútbol televisado a través de Prime Video, pero finalmente os afeccionados ao deporte rei reciben non terán moitos motivos para festexar a chegada deste novo competidor, xa que LaLiga Smartbank non será de balde para subscritores de Prime Video como se viña suxerindo, senón que para poder acceder aos partidos en directo haberá que pagar 9,99 euros/mes.
Deste xeito Prime Video equipara o fútbol de Segunda División a unha das súas completas canles audiovisuais, cun prezo equivalente ao dunha plataforma de vídeo baixo demanda independente, o que supón unha grande decepción, pois a incorporación destes partidos noutras plataformas supón como moito un incremento do prezo de 6 euros.
A partir do 6 de decembro será cando os usuarios de Prime Video poderán subscribirse á nova canle LaLiga SmartBank TV para poder acceder aos 11 partidos de cada xornada e os 6 partidos da fase de ascenso a LaLiga Santander. Aparte dos directos, a canle tamén inclúe resumos adicionais e un programa de destacados semanais.

PUBLICIDADE