Lalín aprobou a política de seguridade da información do Concello
xoves, 4 de agosto do 2022
O
Concello de Lalín, ao abeiro da súa estratexia para mellorar as
medidas da seguridade da información e a blindaxe dixital ante
posíbeis ciberataques tanto do Castro Tecnolóxico como do Padroado
Cultural, aprobou
este mes de xullo a política de seguridade da información do
Concello de Lalín, un documento onde se establecen as
directrices neste eido.
Ao
abeiro desta política consitiuse o Comité de Seguridade da
Información, órgano que coordina toda as políticas de seguridade
do Concello e que está composto polo alcalde, o secretario xeral, o
concelleiro de Novas Tecnoloxías, o departamento de Informática e
tamén poden asistir as xefaturas de servizo.
Fontes
do Concello indicaron que o Réxime Xeral de Protección de Datos e o
Esquema Nacional de Seguridade serán as dúas normas de obrigado
cumprimento que máis van impactar no desenvolvemento dixital das
entidades do sector público e por iso “dende o Goberno lalinense
queremos ser dos primeiros concellos en dar resposta a esta
normativa”.
A
tenente alcalde, Paz Pérez; o edil de Novas Tecnoloxías, César
Reboredo, e o técnico informático Carlos Vence explicaron o proceso
xa dado neste ámbito polo Concello e os pasos a seguir de cara a
conseguir a certificación do Esquema Nacional de Seguridade prevista
no prazo de dous anos, seguindo as pautas marcadas polo Centro
Criptolóxico Nacional.
Os
obxectivos da política municipal da información son” mellorar a
seguridade, fomentar a relación electrónica coa cidadanía e facer
fiábel, confiábel e segura toda a actividade municipal”.