Larry Laffer saltará ós móbiles
mércores, 30 de maio do 2007
En 1987 apareceu o xogo Leisure Suit Larry in the Land of the Lounge Lizards (que contaría
cun remake en 1991 e mesmo con 6
secuelas) no que o usuario tomaba o control de Larry Laffer á procura do amor,
que é un dos poucos videoxogos para adultos que había naqueles tempos, o que
lle outorgou unha sona importante e que agora Vivendi anuncia que levará
do PC ó móbil a súa última aventura, Love
for Sail.
Os responsables do xogo declararon que manterán
o “icónico humor de Larry”
aínda
que é de agardar que omitan certos detalles que poderían valerlle a crítica por
parte dos colectivos de pais (lembremos que na primeira entrega do videoxogo
había que empregar anticonceptivos ó practicar sexo para non pillar unha
enfermidade venérea, algo que podería escandalizar a moitas persoas nun momento
no que a tolerancia polo sexo e a violencia nos videoxogos non parece estar
pasando polos seus mellores tempos). Ou sexa, que adaptarán o xogo de Larry
para que sexa apto para un grande público.
