Larry Laffer terá novo videoxogo no outono

venres, 25 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro outono Larry Laffer ameaza con volver ás pantallas das novas consolas e ordenadores no videoxogo Leisure Suit Larry Box Office Bust, que sitúa ó protagonista no estudo de cine do seu tío no que haberá que facer curiosos encargos e tratar de descubrir a unha topua que ameaza con publicar na prensa rosa os trapos sucios do negocio.
Este novo título combinará exploración, plataformas, condución e puzzles, así coma un xogo de dirección que permite facer unha película personalizada de Larry. Na versión orixinal tamén destacan a interpretación vocal por parte de actrices coma Shannon Elizabeth, Carmen Electra ou Nikki Cox, que darán vida a algunhas das atractivas mozas que aparecen no xogo, mentres que Josh Keaton interpretará a Larry Loveage.
Polo momento parece que o xogo sairá para PS3, Xbox 360, PC e teléfonos móbiles, e deberemos agardar a mediados de febreiro para coñecer máis detalles deste título que presentará en tal data o seu primeiro trailer.

PUBLICIDADE