Larry Laffer volverá en HD para celebrar o seu 25º aniversario

martes, 11 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Así era a primeira entrega da saga de Larry publicada en 1987

As aventuras de Larry Laffer que tantas horas de diversión achegaron a finais dos anos 80 e comezos dos 90 prometen volver grazas a Replay Games, compañía que está a preparar un remake en alta definición de Leisure Suit Larry in the Land of the Longe Lizards, a primeira aventura deste personaxe que sabe mesturar erotismo e humor que actualizará considerablemente a súa estética con respecto da versión de 1987, chegando en versións para PC, Mac, iOS, OnLive, PlayStation 3 e Xbox 360, todas en formato dixital, e coa promesa de que se é un éxito darán un tratamento semellante ás súas secuelas.
O remake do primeiro xogo de Larry é un bo xeito de celebrar o seu 25º aniversario, e o seu creador, Al Lowe, tamén está a colaborar na recuperación deste personaxe, cuns gráficos renovados que permitirá que vexamos un xogo clásico cos mesmos ollos que outras aventuras gráficas actuais.

O remake presenta uns gráficos actualizados

PUBLICIDADE