EA Sports FC 24 destaca entre os xogos de PlayStation Plus de maio
xoves, 2 de maio do 2024
Os xogos mensuais de PlayStation Plus, dispoñibles a partir do dÃa 7, apuntan a un dos meses máis fortes do ano, xa que recolle tÃtulos de bastante peso. O máis destacado para moitos serÃa o EA Sports FC 24, ou sexa, a entrega anual da principal franquÃa de fútbol, que chega na súa edición estándar para PS4 e PS5, chegando asà a quen non adquiriu o xogo ao comezo da liga.
Tamén é destacable a incorporación do xogo Ghostrunner 2 na súa versión para PlayStation 5, pois falamos dun tÃtulo de estética cyberpunk moi desafiante no que hai que adoptar o rol dun ciberninja.
O tÃtulo máis refrescante do mes será para moitos Tunic en versión para PS4 e PS5, pois estamos ante un tÃtulo modesto, cunha estética moi coidada e con toques de Zelda e dos Souls, que está considerado un dos mellores xogos de 2022 pese a non ser unha superprodución.
Completa o mes Destiny 2: Eclipse, expansión do xogo de Bungie que ofrece a xogadores de PS4 e PS5 unha nova incursión que traslada os gardiáns a Neptuno para unirse á contenda contra a Lexión das Sombras e evitar a devastación de Neomuna.