Las guerreras K-pop convértense na pelÃcula máis vista na historia de Netflix
martes, 26 de agosto do 2025
Poucas veces unha plataforma de vÃdeo baixo demanda consegue éxitos que superan todas as expectativas converténdose en auténticos fenómenos, como foi o caso de Stranger Things ou de El Juego del Calamar, pero este verán Netflix estarÃa a vivir algo semellante con Las guerreras K-pop, produción de Sony Pictures Animation estreada en xuño que, segundo os últimos datos da compañÃa de Reed Hastings terÃa acumulado 236 millóns de visualizacións, converténdose no filme máis visto na plataforma vermella.
O fenómeno resulta aÃnda máis sorprendente polo feito de que a cinta apenas experimentou caÃda de audiencia durante tres semanas consecutivas, algo insólito mesmo para os maiores éxitos. Pero o éxito non remata aÃ, xa que a pasada fin de semana tivo lugar en EE.UU., Canadá, Australia, Nova Zelandia e Reino Unido o evento KPop Demon Hunters: The Sing-Along que consistiu na proxección do filme en salas cinematográficas, con grande afluencia de público.
En xullo a longametraxe xa se convertera no filme de animación máis visto de Netflix, pero agora desprazou a Alerta Roja (230,9 millóns de reproducións) ao segundo posto, seguida por Equipaje de mano (172,1 millóns de reproducións). Na última semana analizada (na que rexistrou 25,4 millóns de visualizacións), completaron a listaxe semanal La noche siempre llega (12,3 millóns de visionados), Welcome to Sudden Death (6,2 millóns), Mi año en Oxford (5,9) e Home (5,7), con datos moito máis modestos.
Netflix prepara agora unha estratexia ambiciosa para transformar a produción nunha franquÃa global: planea un remake en imaxe real, un musical teatral, secuelas e outros proxectos, chegando a describila como o seu propio Frozen.
