Leipzig atraerá estes dÃas a 200.000 seareiros do videoxogo
xoves, 23 de agosto do 2007
Se non queres caldo, toma dúas cuncas. Comeza a sexta edición da Leipzig Games Convention (no leste de Alemaña) e un dos máis rechamantes obxectivos da organización é o seguinte: atraer ó eido dos videoxogos a todas aquelas persoas ou colectivos que até o de agora non tiñan mostrado interese en poñerse perante unha consola ou PC. Falamos de persoas maiores ou mulleres, por exemplo. Como atraelos? Pois dándolles máis videoxogos dos que puideron imaxinar e rodeándoos de máis visitantes (calcúlase a concorrencia duns 200.000, 20.000 máis có ano pasado) dos que sen dúbida poden contar cos dedos dunha man.
Dito doutro xeito: ó comité promotor do evento, que responde en boa medida ós intereses da industria, metéuselle entre cella e cella que é preciso asentar os alicerces para un espallamento do mercado. Tras desta decisión están algúns dos pesos pesados da industria do videoxogo: Electronic Arts, Ubisoft, Atari ou Blizzard. Non será casualidade, polo tanto, que unha boa parte dos produtos que van presentar no encontro sexan xogos para gozar en familia. As previsións da industria van na liña das que lle gustarÃa oÃr polas mañás ó acordar a calquera empresario: calcúlase que o mercado vai medrar nun 50% en catro anos, sobre todo motivado polo incremento dos novos clientes procedentes, precisamente, de colectivos pouco afeitos a este tipo de lecer dixital.