Libertad Digital súmase á oferta televisiva de ONO

luns, 1 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Jiménez Losantos en Libertad Digital TelevisiónAs novas plataformas de difusión están a deixar obsoleto o concepto de demarcación para as televisión autonómicas e locais, como demostra Libertad Digital Televisión, que hoxe se incorpora á oferta televisiva de ONO, o que significa que se poderá recibir o seu sinal por parte dos clientes da operadora de cable nas comunidades autónomas de Valencia, Murcia, Castela e León, Castela A Mancha, Andalucía, Cantabria, Cataluña e Aragón, de xeito que chega a máis da metade da xeografía española, o que aínda mellorará cando no mes de novembro se incorpore tamén á grella televisiva de Imagenio (o sistema de televisión por ADSL de Telefónica), de xeito que a canle local madrileña acadará cobertura estatal.
Libertad Digital Televisión ten menos dun ano de vida, e se pode recibir por TDT local en Madrid e Valencia, pero leva tempo apostando pola súa difusión a través de YouTube e streaming para superar as barreiras xeográficas impostas, o que agora podería facer definitivamente subíndose a plataformas alternativas á televisión terrestre, podendo converterse nunha canle pioneira no xeito de achegarse ós seus espectadores, e que indicará toda unha revolución no panorama audiovisual.