Login Gaming Bar gaña o I torneo autonómico de LoL
luns, 23 de decembro do 2019
O equipo Login
Gaming Bar, clasificado previamente no Espazo Xove de Tui, resultou
o gañador do primeiro torneo autonómico de League of Legends (LoL)
organizado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación La Grotta, nos
12 Espazos Xoves pertencentes á Administración autonómica. Esta fin de semana
celebrouse a fase final deste torneo no recinto da Feira Internacional de
Galicia, en Silleda. No encontro definitivo impúxose ao equipo OTPS+ do Espazo Xove de Betanzos.
Os cinco integrantes do equipo gañador son: MartÃn
GarcÃa Pérez, Diego Ribas González, Diego López López, Javier Carrera RodrÃguez
e Tomás Campelos Fernández. Pola súa banda, os nomes dos subcampións son:
Manuel Lechuga Meirás, Antón RodrÃguez GarcÃa, Óscar Lenin Veloso Varela,
Sergio Andrade Portela e Jesús Molinero Vázquez.
En canto aos premios do torneo, cada
membro do conxunto vencedor recibiu unha tarxeta de Riot Points valorada en 100 euros cada unha. Os
compoñentes do equipo que quedaron en segunda posición recibiron material de
promoción da ConsellerÃa de PolÃtica Social. Asà mesmo, todos os gastos de
manutención, transporte e aloxamento durante esta fase final correron a cargo
da organización.
A directora xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado, Cristina Pichel, que asistiu á fase final da competición
acompañada do director do recinto feiral, Ricardo Durán, destacou a boa
acollida desta primeira edición. O evento desta fin de semana reuniu en Silleda
a 80 mozas e mozos de diferentes municipios de toda Galicia. Cristina Pichel
subliñou o feito de que as fases previas do torneo se desenvolveran nos 12
Espazos Xoves que conforman a rede pública autonómica, de modo que se conseguiu
implicar na iniciativa á xente nova da zona na que se emprazan estes Espazos e
da súa contorna. Tamén sinalou que este evento procura promover o coñecemento,
a formación e o ocio arredor dos videoxogos, asà como xerar comunidade e
promover a súa visibilidade social.
Pola súa banda, o responsable do recinto
feiral, Ricardo Durán, sinalou que a Dirección Xeral de Xuventude, R e a Feira
Internacional de Galicia Abanca teñen unha especial relación co mundo dos
videoxogos: pola XGN R Encounter e, desde
agora, por este campionato autonómico de League of Legends.
Ao respecto, apuntou que «a nosa intención é a de seguir organizando eventos en
torno aos videoxogos, que son a parte social que lle faltaba a todo este
movemento lúdico global, que chegou para quedarse, e do que queremos formar
parte».