Loopt engade mapas ó microblogging
luns, 19 de novembro do 2007
O microblogging
quere converterse nun fenómeno na Internet, e cada vez aparecen máis servizos
que queren roubarlle terreo a Twitter, chegando agora Loopt, que engade a xeolocalización para
redondear a súa solución, de xeito que as
mensaxes que se intercambian a través do servizo aparecen sobre o mapa,
converténdose nun interesante xeito de estar en contacto cos amigos.
En EE.UU. o servizo de Loopt
está dispoñible para os usuarios de Sprint e Boost Mobile, de xeito que
aparte das mensaxes enviadas a través desta plataforma tamén se indica a posición
do interlocutor, no que poderÃa ser unha nova perspectiva para este tipo de
comunicación que poderÃa popularizarse grazas á emerxencia de móbiles con GPS e
conexións á Rede.
