Los Inmortales terán videoxogo en 2008
martes, 22 de xaneiro do 2008
A saga cinematográfica de Los
Inmortales, pese a comezar hai máis de 20 anos, aínda se mantén moi viva, non
só con novas películas e series de televisión, senón tamén cun videoxogo, Highlander,
que sairá este ano para Xbox 360, PlayStation 3 e PC.
Eidos Interactive estase a encargar do desenvolvemento do novo videoxogo de
acción que nos permitirá meternos na pel de Owen MacLeod, un inmortal que durante 2.000 anos combaterá
con outros da súa especie nas terra altas escocesas, no Xapón feudal ou na
cidade de New York, valéndose de armas e habilidades especiais (coma lanzar
ataques eléctricos ou simular a propia morte tras unha caída a grande altura). O
xogador incrementará as súas habilidades decapitando a outros inmortais.
A historia do videoxogo conta
co mesmo guionista da serie de televisión e utiliza o motor gráfico de
Unreal Engine 3.