Los Sims 3 centrará a súa nova expansión na vida nocturna

mércores, 21 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Tras Trotamundos e Triunfadores, o xogo Los Sims 3 prepara unha terceira expansión, Al Caer la Noche, que permitirá aos afeccionados a este tipo de títulos levar a súa experiencia de xogo ao mundo da noite e, especialmente, a festas, concertos, discotecas… o que abrirá moitas opcións a Los SIms 3, coma novas profesións, obxectos e outros engadidos.
Esta nova expansión chegará no outono para PC e Mac, e potenciará a cara social do xogo, de xeito que poderemos movernos entre celebridades, converternos no mellor barman da cidade ou, simplemente, gozar das moitas caras da noite, como adianta o primeiro trailer de Los Sims 3: Al Caer la Noche:

PUBLICIDADE